martes, 27 de noviembre de 2007




1 comentario:

Adriano dijo...

Hola, son Adriano Castet, Secretario da Sección Sindical de Educación na provincia da Coruña pola CIG. Xa fai moito tempo que quixen entrar na vosa paxina, pero as miñas ocupacions dentro da CIG mo impiden.

Non vou extenderme, os que me coñecen saben de sobra as miñas "diverxencias e problemas" coa Directora do CEE Carmen Polo. Levo moito tempo tratando de indagar que é o que vai pasar co CEE Carmen Polo. Por Educación, ao día de hoxe, nada de nada de nada. Por parte de Vicepresidencia si tiven respostas a miñas cuestións, que fundamentalmente loitan por ter uns servizos de persoal laboral axeitados para atender aos alumnos maiores do Centro, que é o que importa.

Vendo no día de hoxe, no Diario de Ferrol a vosa nota de prensa, so me queda dar os meus parabens pola devandita nota de prensa, se pode berrar mais pero non falar mais claro. Noraboa.

Temos claro dende a CIG que o fundamental e darlle un servizo digno aos usuarios (maiores e menores) do CEE Carmen Polo, e temos moi claro que coa planeilla de traballadores do colexio é imposibel dar un minimo. Si antes xa era escasisima a dotación de persoal, so falta ver as planeillas do Santiago Apostol, Campf Sarriá o u Campf Redondela, ainda mais agora cando hai dous (cociñas, internados, externados, lavandería, etc.) pero esto non lle parece importante a Consellería de Educación, pois leva mais de un ano sin dotar de persoal (ainda que puxeran 3 educadores, 2 coidadores, 1 axudante de cociña, 1 Cociñeira e 1 camareira non cubriron 5 prazas de adxuntos de taller).

Esta é a realidade, logo fas a pregunta de que pasa co tema da negociación do Carmen Polo, e a resposta; en una actitude bastante belixerante a miña pregunta; que todo vai polo bo camiño. A actitude varia considerablemente cando falas co Vicepresidencia, eles nos din que queren ter o persoal suficente para atender dignamente aos usuarios.

Ao final me estou enrollando. Queria darvos as grazas pola vosa loita, pois grazas a vos o tema sigue no fio da opinión pública e ao final vamos poder conquerir uns servizos mínimamente dignos para os nenos, pois de seguir en mans de Educación seguirían olvidados da man de Deus. Repito, GRAZAS.

Un saudo a todos

Adriano Castet
Delegado e Secretario Seccion Sindical de Educación da CIG