domingo, 17 de octubre de 2010

NOTA OFICIAL, DE LOS RESPONSABLES QUE DECIDEN


























La nota que se cita dada oficialmente por los responsables, la cual nos comunicaron y que nosotros al ver que citaron una cifra aproximada de siete millones de euros a invertir en el Souto de Leixa hasta el año 2013, preguntamos por ello y su respuesta fue que era para la gestion y funcionamiento privado del Centro, dado que no hubo acuerdo entre Educacion y Benestar en el reparto del personal existente y contemplado en el Acuerdo firmado por el anterior gobierno de la Xunta, por lo que la única opcion era esta, a la cual siempre nos hemos opuesto en las reuniones mantenidas y a ellos les consta, no obstante ellos son los que deciden y no los padres y madres que llevan más de diez años con esta demanda. Estas madres, como todas las madres que se precien, solo son CULPABLES, de defender los derechos de sus dependientes hijos e hijas y reclamar por todos los medios legales a su alcanze estos derechos a una atencion digna y adecuada y asi seguiremos mientras podamos.


Como siempre desde nuestro comienzo, hay ciertos responsables, que para defender sus intereses, se encargan de sembrar mentiras y falacias en contra nuestra, con objeto de que no haya union entre los diferentes colectivos y asi llevar adelante sus obscuras intenciones, pero poco tiempo les queda.





Benestar abrirá un centro asistencial para persoas con discapacidade intelectual no Santiago Apóstol


O delegado da Xunta na Coruña, Diego Calvo, acompañado pola secretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar, Cristina Ortiz, e da xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde, presentaron hoxe o plan de actuación para o centro de educación especial coruñés
Unha vez estean rematadas as novas instalacións, os usuarios maiores de 21 anos poderán permanecer no Santiago Apóstol sen límite de idade, mentres que ata o de agora non podían permanecer máis alá dos 24 anos
O colexio público, o internado e os obradoiros de educación especial pasarán a depender da Consellería de Educación
Pola súa banda, Benestar ocuparase da parte asistencial, dos maiores de 21 anos
A Xunta de Galicia puxo en marcha desde abril de 2009 un total de 161 novas prazas para persoas con discapacidade na provincia da Coruña
Responsables da Consellería de Traballo e Benestar e de Educación mantiveron esta mañá unha reunión informativa co comité de empresa e esta mesma tarde informarán no centro aos pais e nais deste plan de actuación


Paralelamente, o Goberno galego está a dar os últimos pasos para poder abrir, antes de finalizar o ano, o centro Souto de Leixa en Ferrol
As instalacións ferrolás darán servizo residencial a 172 persoas con discapacidade intelectual e/ou outras discapacidades asociadas
Para este proxecto, a Xunta destinará unha partida de preto de sete millóns de euros de aquí a 2013

·
Diego Calvo acompañado pola secretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar, Cristina Ortiz
A Coruña, 13 de outubro de 2010.- A Consellería de Traballo e Benestar iniciará o próximo ano os trámites precisos para por en marcha un centro asistencial no edificio Santiago Apóstol da Coruña, proceso para o que será necesario acometer unha reforma importante nunha zona das instalacións coruñesas.
Así o explicou hoxe o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, quen informou que, con este proxecto, téntase dar resposta a unha das eivas coas que conta o centro de educación especial Santiago Apóstol.
Neste sentido, Calvo, que estivo acompañado pola secretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar, Cristina Ortiz, e a xefa territorial de Educación na Coruña, Teresa Villaverde, lembrou que o centro Santiago Apóstol lastra dende hai 25 anos unha complexidade organizativa ao depender en parte da Consellería de Educación e doutra da Consellería de Benestar, misturando a área educativa coa asistencial.
Por iso, tras meses de conversas, ambos departamentos asinaron un plan conxunto para mellorar a xestión e atención neste centro, cuxo funcionamento está unido ao Carmen Polo de Ferrol. Así, nunha primeira fase que comezará en xaneiro de 2011, coincidindo coa execución dos novos orzamentos da Xunta, a Consellería de Educación farase coa titularidade do centro educativo Santiago Apóstol, dado que as competencias en materia de educación especial son deste departamento. Isto significa que tanto a programación como o plantel do centro pasará a depender da Consellería de Educación.
Con este traspaso os usuarios non perderán ningún servizo, dado que os menores de 21 anos seguirán o mesmo programa existente ata o momento e os de 21 a 24 anos seguirán de forma transitoria nas instalacións que viñan ocupando ata o de agora.
Paralelamente, Benestar traballará na posta en marcha da parte asistencial co fin de subsanar un dos principais problemas existentes ata o momento “ao chegar aos 24 anos, os usuarios tiñan que buscar outro lugar porque era a idade máxima para permanecer no Santiago Apóstol. Unha vez estea en marcha o novo centro, non haberá límite de idade e traballarase cun horario acorde coas necesidades dos usuarios do centro, moito máis amplo que o horario educativo e así se dará un servizo integral ás familias”, indicou Calvo.
Neste sentido, tanto o delegado como a secretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar como a xefa territorial de Educación da Coruña subliñaron a necesidade de acometer este cambio no centro, modificación para o que xa se tiñan iniciado as conversas no Goberno anterior, que non chegou a poñelo. O pasado ano, estas conversas entre os dous departamentos reanudáronse e deron como resultado o plan de actuación que agora se pon en marcha.
“Estase a falar dun novo modelo para o centro Santiago Apóstol que estamos seguros de que dará un mellor servizo e unha resposta máis axeitada ás persoas con necesidades educativas especiais”, aseverou Calvo.
Ademais, Calvo destacou que a Xunta está a facer un “gran esforzo” que se ve plasmado na posta en marcha desde abril de 2009 dun total de 476 prazas para persoas con discapacidade en Galicia, das que un total de 161 son na provincia da Coruña.



Novo centro en Ferrol Por outra banda, Diego Calvo referiuse á posta en marcha do centro Souto de Leixa de Ferrol, que “está en certo modo unido ao Santiago Apóstol, xa que os problemas eran moi similares”. Este centro, que sustituirá a parte asistencial que se daba no Carmen Polo, porase en funcionamento antes de rematar o ano cumprindo así a palabra dada aos pais dos usuarios do centro de Ferrol.
Neste sentido, tanto Calvo como Ortiz, destacaron a importancia deste centro que contará con 172 prazas para atender a persoas con discapacidade intelectual. Da totalidade das prazas, 25 serán en réxime residencial para persoas con discapacidade gravemente afectadas; 68 para persoas con discapacidade con certa autonomía; 47 prazas en centro de día e 32 prazas de centro ocupacional. Nesta actuación, a Consellería de Traballo e Benestar investirá de aquí a 2013 preto de sete millóns de euros.
“O proxecto dará servizo a toda a provincia da Coruña e dará unha resposta máis axeitada aos usuarios e ás familias de persoas con discapacidade intelectual.
Coa posta en marcha do centro Souto de Leixa crearanse na provincia da Coruña un total de 172 prazas para persoas con discapacidade, que se sumarán ás 161 novas prazas que xa puxo en marcha o Goberno galego desde abril de 2009. En total, a Xunta puxo en marcha desde abril de 2009 un total de 476 prazas en toda Galicia.













No hay comentarios: