viernes, 29 de octubre de 2010

SIN PALABRAS.....DOGA do 29/10/2010





CONSELLERÍA DE TRABALLO
E BENESTAR
Resolución do 21 de outubro de 2010, da
Secretaría Xeral da Consellería de Traballo
e Benestar, pola que se anuncia a contratación
da xestión, en réxime de concesión, de
prazas de atención residencial e atención
diúrna para persoas con discapacidade
intelectual e/ou outras discapacidades asociadas,
no centro de atención á discapacidade
Souto de Leixa-Ferrol, polo procedemento
aberto e tramitación urxente.
A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez
cumpridos os trámites correspondentes, resolve
anunciar a contratación que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección
Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal.
c) Número de expediente: PA 73/2010.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación da reserva
e ocupación de 25 prazas en réxime residencial para
persoas con discapacidade gravemente afectadas, 68
prazas en réxime residencial para persoas con discapacidade
con certa autonomía, 47 prazas en centro
de día e 32 prazas de centro ocupacional, mediante
a modalidade de concesión.
b) Lugar de execución: Souto de Leixa, Ferrol.
c) Prazo de execución: desde a sinatura ata o 31 de
decembro de 2013.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación. Importe total: seis
millóns seiscentos sesenta mil oitocentos cinco
17.922 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 209 Venres, 29 de outubro de 2010
euros con doce céntimos (6.660.805,12 €), IVE
engadido.
5. Garantía provisoria: non se exixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Servizo de Xestión e Coordinación
Administrativa.
b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano
s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela,
15781.
d) Teléfono: 981 54 56 50-981 54 29 91.
e) Fax: 981 54 56 63.
f) Data límite da obtención de documentos e información:
ata o día de finalización do prazo de presentación
de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia económica, financeira e solvencia técnica
ou profesional: ver cláusula 11, documentación
administrativa sobre A, punto 6 do prego de cláusulas
administrativas.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de
participación.
a) Data límite de presentación: oito días naturais
contados a partir do seguinte ao da publicación desta
resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación necesaria: a sinalada no prego
de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información
da Xunta de Galicia do complexo administrativo
de San Caetano, s/n.
2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela,
15781.
d) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Dirección Xeral da
Dependencia e Autonomía Persoal.
b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil
do contratante.
10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada
no DOG.
11. Portal informático ou páxina web onde figuren
as informacións relativas á convocatoria ou onde
poidan obterse os pregos:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15302
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2010.
P.D. (Orde 19-8-2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral da Consellería
de Traballo e Benestar

No hay comentarios: