"Sucede en el año de gracia o desgracia del 2006"
Beatriz Sestayo
Iniciativas sociais
O PSOE insta a Vicepresidencia a adapta-lo Carmen Polo para posibilita-la permanencia dos alumnos adultos
A deputada autonómica Beatriz Sestayo e a concelleira ferrolana María Luisa Mesa trasladarán e urxirán unha solución a Vicepresidencia da Xunta para a problemática que están a sufri-los alumnos discapacitados maiores de 20 anos matriculados no Centro rexional de Educación Especial Carmen Polo de Ferrol. As súas familias non saben se poderán continuar no centro a partires de setembro, xa que o departamento que dirixe Anxo Quintana non lles confirmou se aprobará a inversión precisa para o persoal necesario e o equipamento das instalacións coma centro de día e residencia para estes rapaces, que xa superaron a idade de escolarización obligatoria. Asemade, Sestayo rexistrará unha pregunta parlamentaria na que demandará ó departamento autonómico que explique por que non dá resposta ó solicitado polos pais e nais cando é o encargado de dar solución a estes alumnos.
26 Julio 06
As socialistas adquiriron este compromiso despois de coñece-la
situación do colectivo de boca do presidente da Asociación de Pais e Nais do
centro, Jesús Amenedo Plaza, e da directora do colexio, María del Carmen Rodríguez
Beceiro. Estes explicaron ás representantes do PSdeG-PSOE que, tralo cambio de
goberno na Xunta, solicitaron sendas entrevistas a Anxo Quintana e á
conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón. O obxectivo pasaba por trata-lo
estado do proxecto de construcción da residencia de discapacitados no centro.
Educación,
positiva resposta
A resposta de Educación, segundo Amenedo e Rodríguez, foi
inmediata e positiva, xa que lles anunciou a publicación no Diario Oficial de
Galicia (DOG) do anuncio do concurso para a construcción das citadas instalacións.
Compromiso que se materializou en outubro e que, tres meses despois, se
reeditou coa adxudicación das obras, presupuestadas en preto de 2,1 millóns de
euros e un prazo de execución dun ano. Obras a punto de rematar.
Tanto o presidente da APA coma a directora do centro
lembraron que, durante o período de escolarización, o alumno depende da
Consellería de Educación, namentras que se permanece no recinto tras supera-los
20 anos a responsabilidade correspondería a Vicepresidencia, da que dependen os
servizos sociais. Unha fórmula consensuada polos dous departamentos autonómicos
e regulada polo convenio firmado. Así as cousas, Vicepresidencia ten a última
palabra sobre a estadía de 158 alumnos dos 240 matriculados no Carmen Polo.
O problema reside en que, a falla de mes e medio para
inicia-lo curso, as familias de 158 rapaces adultos non saben se poderán
envialos ó centro ó non contar co equipamento necesario por parte de
Vicepresidencia e a distribución do persoal necesario según as necesidades dos
usuarios maiores. Neste contexto, Amenedo e Rodríguez explicaron que Educación
prevé ter rematadas as obras a finais de setembro e que agora tan só demandan
de Vicepresidencia que lles aclare se fará o posible para poder acoller no
centro ós alumnos que pasan a depender de servizos sociais.
Sestayo e Mesa
comprometéronse a trata-lo tema con este departamento para dar unha resposta ós
pais e nais dos rapaces, así como a realizar unha visita ás instalacións para
comprobar en situ as carencias do mesmo.
"CONTOS, HISTORIAS E TODA A CLASE DE MENTIRAS" E OS USUARIOS A SUFRIR AS CONSECUENCIAS, PA QUE TODOS ELES CONSIGAN OS SEUS FINS...... seguiremos
1 comentario:
House dijo.....
A todos estos mentireiros hay que darlles caña,non teñen escrupolos en usar pos seus fins a estes rapaces que pouco piden pa ser felices.
Contade conmigo,pa desenmascaralos que eu coñozo ven a estos mentirooooosoos!
!Adiante a por eles!
Publicar un comentario