O BNG considera discriminatorio que os alumnos do colexio Carmen Polo teñan que pagar polo uso de instalacións do centro costeadas con cartos públicosSantiago de Compostela, 17 Decembro 07.
O deputado do BNG Fernando Blanco Parga, vén de rexistrar unha pergunta para a súa resposta escrita sobre o cobro que se efectúa aos alumnos/as do colexio de educación especial Carmen Polo, de Ferrol, polo uso de novas instalacións.
Tal e como explica o parlamentar, este centro depende da Consellaría de Educación e ten como alumnos/as a 200 persoas con variadas discapacidades, dos que 150 son maiores de 20 anos.Este alumnado desfrutaba de un acordo co Concello de Narón polo cal podían usar a súa piscina unha vez á semana con un custe de 4 euros ao mes en concepto de abono de transporte, mais xa no curso 2005-2006 non funcionou este servizo de piscina paraa o alumnado. A Xunta asinou no ano 2005 un convenio para realizar obras de reforma e mellora no centro Carmen Polo que inclúen un novo vaso terapéutico-piscina de pequenas dimensións, que finalmente vaise pór en funcionamento este mes de xaneiro.O “sorprendente” destes feitos é, tal e como destaca Blanco Parga, que a dirección do centro vén de comunicar aos alumnos-as que este servizo terá un custe de 25 euros ao mes, polo cal terán dereito a unha sesión semanal de 40 minutos.O BNG quer saber “cal é o motivo de que se cobre polo uso dunhas instalacións que están no colexio e se fixeron con cargo á Xunta de Galiza”. Blanco Parga subliña que este cobro pode resultar “discriminario”, xa que pode “crear diferencias entre as familias que poden afrontar este gasto e as que non teñan capacidade”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario